Lista de Blogs do Outes

domingo, 25 de abril de 2010

0-0 na Ida


o-o en Malpica e as espadas que siguen en todo o alto.
A eliminatoria decidirase o próximo domingo día 2 no Municipal do Conchido.

viernes, 9 de abril de 2010

ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA


O equipo de 3ª autonómica xoga este domingo no Municipal do Conchido o último partido de liga desta tempada. O encontro que o enfronta ó Pereiriña, dará comezo ás 17:00 h. Ó remate do mesmo terá lugar unha churrascada de valde para xogadores, directivos e aficionados.


Por outra banda, o sorteo da Copa da Costa, terá lugar este venres 9 en Baio donde sairá o primeiro rival para os nosos.


En futbol 7 tamén temos enfrontamentos esta fin de semana coa disputa dos partidos:

BENXAMÍN Outes F.C. -- C.C. Cee Sábado 17:00 h. Municipal do Conchido

ALEVÍN Outes F.C. -- U.D. Corcubión Sábado 18:00 h. Municipal do Conchido

miércoles, 7 de abril de 2010

lunes, 29 de marzo de 2010

Futbol 7 - Goleadores Cadetes




Tal e como se mostra no chat, os goles dos Cadetes foron conseguidos por:
Edu 3, Jorge 2, Alex Martínez 1, Adrián Gallardo 1, David 1 e Jacobo 1.

Os chavales siguen dando alegrías ó clube. Desta volta tocoulle a un mermado Zas que pouco puido facer ante o equipo de CLAUDINO CAAMAÑO.

FESTIVAL DE GOLES!!!

Novo fin de semana cargado de goles e boas novas para os xiareiros do Outes.
A fin de semana comezaba coa disputa da 2ª xornada da Liga da Costa Sur de Benxamíns e Alevín coa disputa no Municipal do Conchido dos partidos Outes - Dumbría das dúas categorías mencionadas.
Os resultados foron os seguintes:
Outes - Dumbría BENXAMIN 1-5, gol de Roberto Solís
Outes - Dumbría ALEVÍN 6-2, goles de Saúl Suárez (3), Adrián Alvarellos, Fabio Lado e Adán Miranda.
Dous partidos dos que fan afición na tarde do sábado que contou coa presencia de moitos pais dos pequenos e outros amigos do futbol que se pasaron a disfrutar do xogo dos mais pequenos da casa.
Salientar a lesión de Martín Bargo, do equipo Benxamín, quen rompeu o brazo no tempo de quecemento e será baixa por un tempo de un mes. Dende aquí vaia un abrazo e o desexo de pronta recuperación para o noso máximo goleador ata o momento.

Xa na mañán do domingo, os cadetes rendiron visita a Zas donde se deron un festín de goles. Un total de 9 dos cales poñeremos os autores nunha entrada posterior, posto que ahora mismo non dispoñemos dos datos dos mesmos. Partido como reflicte o marcador 0-9, moi facil para os de Claudino Caamaño que dan mostras de estar no mellor momento da tempada. FELICIDADES!!!

Para colofón, na tarde do domingo 28 o equipo de 3ª autonómica gañou a domicilio a todo un Nantón (2-3), que viña de cunha racha positiva de varios partidos. O partido foi vistoso e con abundantes ocasións de gol, que de aprobeitalas, o resultado puido ter sido de escándalo. Por parte do Outes marcaron Deivi, Arturo e Kin. Os goles encaixados foron sendos penaltis ós que Peipo non puido facer nada.

lunes, 22 de marzo de 2010

2 VICTORIAS NESTA FIN DE SEMANA

Á victoria dos cadetes na mañán do Domingo (3-0 o U.C. Cee), sumouselle a do equipo de 3ª Autonómica sobre o Muxía por 3-1.
Domingo primaveral que animou á xente a acudir ó Municipal do Conchido nunha xornada de mañán e tarde con inmellorable resultado: Dúas victorias claras nesta recta final de tempada que afianzan ós dous equipos na parte alta das respectivas clasificacións.

miércoles, 17 de marzo de 2010

4-0 e os que puideron caer!!!

A verdade é que o equipo B do Ponteceso é moi novo. Formado na súa maioría por xuvenís e cadetes, da moitas facilidades ó contrario.
Marcamos 4 e puideron ser bastantes mais. Debutaron outros tres xuvenís (Michi, Darío e Damiñan), que raiaron a gran altura. Michi incluso se permitiu o luxo de marcar o mellor gol da tarde.
Salientar que se gardou un emotivo minuto de silencio pola morte da aboa de Manuel (Peipo), porteiro do primeiro equipo. Vaia dende aquí o noso pésame á familia.

Para o vindeiro fin de semana recibimos ó Muxía no Municipal do Conchido ás 17:30 h.

Por outra banda, o equipo de Cadetes perdeu en Ponteceso por un abultado 4-1.
Un equipo de Cadetes que viaxaba coas importantes baixas de Jorge, David, Abraham e Jacobo; encontrábase de golpe coa lesión de Chía ó pouco de comezar o encontro. Esto non foi impedimento para lograr adiantarse no marcador. Na segunda metade, o Ponteceso apretou moito e logrou darlle a volta ó marcador, primeiro e golear mais tarde.

jueves, 11 de marzo de 2010

CAMBIO DE DATA

Edu, dianteiro do equipo Cadete

Esta fin de semana, temos cambio de datas nos partidos dos nosos equipos.

Os cadetes trasladan o seu partido contra o Ponteceso ó Domingo pola mañán (10:30) no Municipal de Ponteceso.

O equipo de 3ª autonómica xoga este Sábado contra o Ponteceso tamén, pero no Municpal do Conchido, ás 19:00 h.


miércoles, 10 de marzo de 2010

Fotos Míticas




Siguen chegando fotos antigas co Outes F.C. como protagonista. Exemplo claro esta reliquia no antigo campo de "O Bosque".

Anímate, manda esa foto que tes gardada como ouro en paño. Comparte Outes F.C. (outesfc@yahoo.es).

martes, 9 de marzo de 2010

Paso atrás

3-2 en Coristanco. Un paso atrás que deixa mal sabor de boca posto que se podería traer un resultado mellor. Boa segunda parte dos nosos que mostraron todo o futbol que levan dentro. Un penalti fallado e varias ocasións que non demos empurrado ó fondo das mallas, foron moito lastre.
De novo, poñer un sobresainte á nosa afición que se desprazou en masa a Coristanco.

Por outro lado, os rapaces do equipo Cadete, por non variar, déronnos outra alegría. Venceron ó Mazaricos 2-1 no Municipal do Conchido con goles de David e Nine. Partido ben xogado por parte dos nosos que sempre tiveron o encontro controlado, podendo ser mais abultado o tanteador. O Mazaricos empregouse con moita dureza, resultado da mesma, un expulsado.

lunes, 1 de marzo de 2010

2-1 ó Buño


2-1 ó Lider Buño e que pase o seguinte. De novo o fortín do Conchido foi inexpugnable. Dos 4 equipos que van por diante, tan só o Corcubión foi quen de sacar algo positivo á súa visita (3-3), mentras Clube do Mar recibía un 3-0, Dumbría B outro tanto do mismo e o Buño o xa coñecido 2-1. Unha vez mais, maxistral a mareona do Outes que levou ó equipo a unha mais que traballada victoria.
De novo Chúa abreu o partido na parte final do partido con un testarazo, como non, a pase maxistral de Arturo. Deivi marcou o 2-0 logo dunha xogada individual de Pesco, desas cas que nos deleita de cando en vez. Xa a tumba aberta, o Buño conseguiu marcar o 2-1 no minuto 2 de prolongación en un tiro rebotado na nosa defensa.
Magoa quedar tan só 5 partidos para rematar a liga. Da a impresión de que se nos fixo un pouco corta.

viernes, 26 de febrero de 2010

PRORROGA EN BAIO

O Comite de Competición da Federación Galega de Futbol resolveu anular os penaltis do de Copa de Xuvenís, Baio - Outes, de forma que se debe xogar hoxe venres as 20:00 h. a prorroga correspondente. De persistir o resultado 0-1. Deberase tirar a quenda de penaltis correspondente.

sábado, 20 de febrero de 2010

Punto Final á tempada dos Xuvenís

DAVID JURADO (Capitán do equipo Cadete)

Hoxe rematou a tempada para os nosos xuvenís que lograron gañar o partido de Copa 0-1 ó Baio e forzar a tanda de penaltis, onde ó final caeron. Balance positivo, ainda que con sabor agridoce de crer que se podía ter feito algo mais.
Por outra banda, o equipo de 3ª autonómica caeu (5-1) fronte a un mais que reforzado Clube do Mar en partido celebrado esta tarde no campo de Paiosaco. Duro correctivo para un equipo que viaxaba con moita ilusión despois da victoria da semana pasada.
MENOS MAL QUE ESTÁN OS CADETES!!!. Esta é a frase que os nosos chavales nos din a miudo, e hoxe, sin duda, certo mais que nunca. Solventaron o seu partido ante o Malpica con un resultado apretado pero xusto (2-1) a prol dos chavales adestrados por Claudino Caamaño, con goles de David e Nine. Seguimos en postos de arriba.

jueves, 18 de febrero de 2010

O Outes F.C. ENAMORA!!!

No día dos enamorados, o Outes agasallou unha flor a tódalas "chicas" asistentes ó partido que o enfrontaba ó lider do Campionato. Por si acaso protestaban os "chicos", regalaron para todo o que quixo disfrutalo, dun partido dos que fan época. Un equipo que saía xa con baixas coma a de Peipo na portería, que perdía ós cinco minutos de partido a Dani por lesión (rotura de tabique nasal), e lle expulsan a Saul ós dez minutos, soubo sobrepoñerse a todas estas adversidades e xogou, gañou e enamorou ante un equipo que vai a perder moi poucos partidos esta tempada.

Un partidazo. Destacar a presencia de Flavio (3º porteiro dos Xuvenís) defendendo a portería do primeiro equipo. Non o fixo nada mal, pero que nada mal.



En boca dos compañeiros da web amiga http://www.quepasanacosta.com/ , esta é a crónica do partido:



Outes - Dumbría B (3-0)
OUTES: Italiano, Dani (Mario, min.5 (Jorge, min.80)), Chúa, Primo, Alvaro, Arturo, Martín, Pesco (Bolo, min.70), Saúl, Pitu (Deivi, min.65) e Quin (Mingos, min.83)
DUMBRIA B: Anxo, Darío (Jose Carreira, min.20), Javier, David Carreira, Oca (Tano, min.60), Pablo Conde, Jesús, Fernando, Jopse Manuel, Sergio Cives (Ivanete, min.85) e Pablo Muiño.
Goles: 1-0, min.10: Chúa; 2-0, min.50: Chúa; 3-0, min.69: Deivi.
Expulsión: Saúl (min.15) con cartón vermello directo.Gran partido do Outes que derrotou ao líder xogando case todo o partido con 10 homes pola expulsión de Saúl. Aínda así os xogadores de Manu Roque loitaron moito e foron superiores ante un rival que no dou a súa mellor imaxe da tempada. As xogadas a balón parado foron claves, pois os dous primeiros goles viñeron precedidos de sendas faltas e Chúa de cabeza marca. Os locais pese a xogar cun home menos non se sentiron inferiores e apenas pasaron apauros para defender o marcador. Deivi sentenciou cun golazo de vaselina ao aproveitar unha contra.

lunes, 18 de enero de 2010

Resultados e clasificacións

RESULTADOS 3ª AUTONÓMICA
XORNADA 19
17-01-10
Muxía
1-2
Corcubión
Atl. Pereiriña 2-0 Alcaián
Nantón 5-0 Muros B
OUTES F.C. 4-1 Cabana
Ponteceso B
1-2 Corcoesto
Coristanco2-2
Mazaricos
Buño 2-2 Cerqueda
Club do Mar
1-1Dumbría B







CLASIFICACIÓN 3ª AUTONÓMICA

EquipoP.X.P.G.P.E.P.PG.F.G.C.Ptos.
1Buño18143
1
368
45
2
Dumbría B19125
2
441541
3
Corcubión19107
2
44
21
37
4
Club do Mar1911
3
5
37
18
36
5
Coristanco199
4
6
3917
31
6
OUTES F.C.199
4
6
3123
31
7
Cabana199
2
8
34
42
29
8
Mazaricos187
6
5
30
20
27
9
Alcaián186
6
6
28
2324
10
Cerqueda196
6
7
232824
11Muxía197
3
9
2230
24
12Nantón186
5
7
43
31
23
13Atl. Pereiriña193
6
10
173815
14Corcoesto192
8
9
183314
15Muros B193
2
1420
4511
16Ponteceso B
190
2
171791
2




RESULTADOS XUVENÍS
XORNADA 15
16-01-10
Fisterra1-5
OUTES F.C.
Mazaricos 1-3 Corcubión
Cee1-0
Santa Comba
Monte Louro
1-4 Dumbría
Muros 6-2Esteirana

CLASIFICACIÓN XUVENÍS


Pos.EquipoP.X.P.G.P.E.P.PG.F.G.C.Ptos.
1Cee15112
2
4422
35
2Muros1510
2
3
57
2532
3Santa Comba1410
1
3
49
2531
4Corcubión1510
1
4
52
3631
5Dumbría159
2
4
53
2429
6OUTES F.C.147
2
5
373223
7Monte Louro145
0
9
40
3615
8Fisterra155
0
10
3243
15
9Esteirana
151
0
141872
3
10Mazaricos
140
0
141481
0


RESULTADO CADETES
OUTES F.C. 2 -- 2 SONEIRA

CLASIFICACIÓN CADETES

Pos.EquipoP.X.P.G.P.E.P.PG.F.G.C.Ptos.
1Bergantiños B
9
7
1
1
2811
22
2Dumbría8
6
1
1
54
12
19
3Mazaricos8
5
1
2
31
1816
4Cabana7
5
1
1
231016
5Corcubión8
5
1
2
30
23
16
6OUTES F.C.8
5
1
2
14
11
16
7Baio8
3
1
4
1213
10
8Soneira9
3
1
5
1923
10
9Ponteceso8
2
2
4
16258
10Malpica8
2
0
6
2033
6
11Cee8
1
2
5
1816
5
12Zas9
1
1
7
1042
4
13
Carnota
6
0
1
5
6
34
1