Lista de Blogs do Outes

viernes, 28 de agosto de 2009

Xuvenís Vs Maiores















Partidiño de adestramento entre os dous equipos. Un bo día para ver ós dous equipos do Outes enfrontarse no Municipal do Conchido.


miércoles, 26 de agosto de 2009

OUTES F.C. - PORTO DO SON




Lance do
Outes - Bertamiráns
no Conchido





O próximo domingo 30 as 19.00 h. terá lugar o partido amigable entre o Outes F.C. e o Porto do Son. Un novo encontro contra un rival de superior categoría que xusto antes do comezo de liga pode medir as aspiracións reais do noso equipo.


Espérase contar co recuperado Pesco e con Saul, pero será segura a baixa de Chúa que caeu lesionado o domingo pasado en Oleiros e será baixa un par de semanas por un esguince de rodilla.

Na portería esperamos con ansia o debut de Peipo no Municipal do Conchido logo de un par de semanas sin poder contar con él.

O inminente debut ligueiro (Outes - Corcubión 6/09) invita a pensar que xa se verá un equipo con pistas ó que pode ser o habitual de liga.

lunes, 24 de agosto de 2009

Oleiros - Outes

Onte tivemos un deses partidos que costa moito xogar. Campo pequeno, de area e cos míticos balóns mikasa. O Oleiros, un rival moi correoso que non deixou de pelear un só balón en todo o partido.

Os primeiros vinte minutos foron nosos, sin embargo o dominio non se materializou, e logo do primeiro gol do Oleiros, xa non fomos quen de tomar o mando do partido. Non debemos, de todos modos, olvidarnos que seguimos a enfrentarnos a rivales de categoría superior (o Oleiros milita en segunda rexional).

O resultado de 4-0 resulta un pouco enganoso para o visto no campo, pero non foi o peor do día. A lesión de Chúa, sin duda, foi o peor de un domingo no cal debutou Juan (O Gato) na portería; que por certo fixo un bo partido. Outro debut esperado era o de Karim (Marico), que amosou boas maneiras, aínda que se espera mais de el, como fichaxe mediática que é.

O equipo vai collendo forma e esperamos estar preparados para a primeira xornada ante o Corcubión, dentro de 15 días. Esperamos poder contar para aquela con Pesco, ó cal se botou en falta estes últimos partidos.

viernes, 21 de agosto de 2009

CONVOCATORIAS PARA O PARTIDO OLEIROS - OUTES


Xuvenís Maiores
1 Jonan Juan
2 Michi L. Bolo
3 Sergio Martín
4 Joshi Arturo
5 Damián Saul
6 Miguel Marico
7 Uito Pitu
8 Dario Jorge
9 Martín L. Pandy
10 Martín B. Deivi
11 Daniel Fufú
12 Flavio Dani DB
13 Pablo G. Roberto
14 Daniel R. Cojo
15 Pancho Alvaro
16 Diego Sergio
17 Adrián Mingos


A todos: Os que non teñan en que ir ó partido, a saída é de diante do Campo ás 15.00 h. Os maiores que vaian pola súa conta, ás 18.00 no campo do Oleiros.


lunes, 17 de agosto de 2009

AGRADECEMENTO




















O Outes F.C. quere agradecer a tódolos que esta fin de semana pasada axudaron a convertir o Trofeo Concello de Outes nunha verdadeira festa do Futbol. Dende os equipos participantes, pasando por casas comerciais, socios, non socios, etc; e acabando polo Concello, que patrocina o evento.
Vai para todos eles, o noso mais sincero agradecemento.


A directiva do Outes F.C.

viernes, 14 de agosto de 2009

EQUIPACIÓN OFICIAL 09/10

Faite Socio













O Outes necesítache. Faite socio.
Si xa te fixestes, pasa a retiralo este fin de semana durante o Trofeo Concello.
Tremendo Cartel que se confirmou. Non vos olvidedes de pasar a ver o partido feminino. Temos varias outenses xogando no Portosín.

lunes, 10 de agosto de 2009

FOTOS DE PRETEMPADA

TROFEO CONCELLO DE OUTES




















O próximo sábado comeza unha nova edición do Trofeo Concello de Outes, cos seguintes partidos a disputar:
Sabado 15/08
16:00 Outes F.C. - Porto do Son (Xuvenil)
20:00 Outes F.C. - Bertamiráns (Previa)

Domingo 16/08
18:00 Portosín - Crocha (Futbol Femenino)
20:00 Gañador Previa - Santa Comba (3ª división)


domingo, 9 de agosto de 2009

CARNOTA 2-0 OUTES




O Outes F.C. perdeu en Carnota por 2-0, ambos goles logrados de penalti. Os dous penaltis foron moi discutidos e de non ser por esas penas máximas o noso equipo lograría un merecido empate ante un rival de superior categoría. O Outes non se descompuxo en ningún momento e dou a cara ante un Carnota que está feito para ascender a 1ª rexional.
O primeiro once desta nova era do Outes foi o que a continuación se detalla:
Manuel na portería con Alvaro, Sergio, Dani e Mingos na zona de defensa; Arturo e Martín por diante da defensa e por diante deles un tridente formado por Pesco, Pitu e Fufú. Na punta de ataque David. Como recambio Manolo "Roque" dispuxo de Pablo, Pandiani, Roberto e Jorge.


O OUTES SÚMASE Ó PESAR POLA MORTE DE JARQUE


O Outes F.C. únese ás mostras de dor ofrecidas por todo o deporte en particular, e toda a sociedade en xeral, pola desgraciada morte do capitán do RCD Espanyol de Barcelona, DANIEL JARQUE.
O noso mais profundo pésame á súa familia e a familia do Espanyol.

jueves, 6 de agosto de 2009

martes, 4 de agosto de 2009