Lista de Blogs do Outes

lunes, 24 de agosto de 2009

Oleiros - Outes

Onte tivemos un deses partidos que costa moito xogar. Campo pequeno, de area e cos míticos balóns mikasa. O Oleiros, un rival moi correoso que non deixou de pelear un só balón en todo o partido.

Os primeiros vinte minutos foron nosos, sin embargo o dominio non se materializou, e logo do primeiro gol do Oleiros, xa non fomos quen de tomar o mando do partido. Non debemos, de todos modos, olvidarnos que seguimos a enfrentarnos a rivales de categoría superior (o Oleiros milita en segunda rexional).

O resultado de 4-0 resulta un pouco enganoso para o visto no campo, pero non foi o peor do día. A lesión de Chúa, sin duda, foi o peor de un domingo no cal debutou Juan (O Gato) na portería; que por certo fixo un bo partido. Outro debut esperado era o de Karim (Marico), que amosou boas maneiras, aínda que se espera mais de el, como fichaxe mediática que é.

O equipo vai collendo forma e esperamos estar preparados para a primeira xornada ante o Corcubión, dentro de 15 días. Esperamos poder contar para aquela con Pesco, ó cal se botou en falta estes últimos partidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario