Lista de Blogs do Outes

miércoles, 17 de marzo de 2010

4-0 e os que puideron caer!!!

A verdade é que o equipo B do Ponteceso é moi novo. Formado na súa maioría por xuvenís e cadetes, da moitas facilidades ó contrario.
Marcamos 4 e puideron ser bastantes mais. Debutaron outros tres xuvenís (Michi, Darío e Damiñan), que raiaron a gran altura. Michi incluso se permitiu o luxo de marcar o mellor gol da tarde.
Salientar que se gardou un emotivo minuto de silencio pola morte da aboa de Manuel (Peipo), porteiro do primeiro equipo. Vaia dende aquí o noso pésame á familia.

Para o vindeiro fin de semana recibimos ó Muxía no Municipal do Conchido ás 17:30 h.

Por outra banda, o equipo de Cadetes perdeu en Ponteceso por un abultado 4-1.
Un equipo de Cadetes que viaxaba coas importantes baixas de Jorge, David, Abraham e Jacobo; encontrábase de golpe coa lesión de Chía ó pouco de comezar o encontro. Esto non foi impedimento para lograr adiantarse no marcador. Na segunda metade, o Ponteceso apretou moito e logrou darlle a volta ó marcador, primeiro e golear mais tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario