Lista de Blogs do Outes

lunes, 29 de marzo de 2010

FESTIVAL DE GOLES!!!

Novo fin de semana cargado de goles e boas novas para os xiareiros do Outes.
A fin de semana comezaba coa disputa da 2ª xornada da Liga da Costa Sur de Benxamíns e Alevín coa disputa no Municipal do Conchido dos partidos Outes - Dumbría das dúas categorías mencionadas.
Os resultados foron os seguintes:
Outes - Dumbría BENXAMIN 1-5, gol de Roberto Solís
Outes - Dumbría ALEVÍN 6-2, goles de Saúl Suárez (3), Adrián Alvarellos, Fabio Lado e Adán Miranda.
Dous partidos dos que fan afición na tarde do sábado que contou coa presencia de moitos pais dos pequenos e outros amigos do futbol que se pasaron a disfrutar do xogo dos mais pequenos da casa.
Salientar a lesión de Martín Bargo, do equipo Benxamín, quen rompeu o brazo no tempo de quecemento e será baixa por un tempo de un mes. Dende aquí vaia un abrazo e o desexo de pronta recuperación para o noso máximo goleador ata o momento.

Xa na mañán do domingo, os cadetes rendiron visita a Zas donde se deron un festín de goles. Un total de 9 dos cales poñeremos os autores nunha entrada posterior, posto que ahora mismo non dispoñemos dos datos dos mesmos. Partido como reflicte o marcador 0-9, moi facil para os de Claudino Caamaño que dan mostras de estar no mellor momento da tempada. FELICIDADES!!!

Para colofón, na tarde do domingo 28 o equipo de 3ª autonómica gañou a domicilio a todo un Nantón (2-3), que viña de cunha racha positiva de varios partidos. O partido foi vistoso e con abundantes ocasións de gol, que de aprobeitalas, o resultado puido ter sido de escándalo. Por parte do Outes marcaron Deivi, Arturo e Kin. Os goles encaixados foron sendos penaltis ós que Peipo non puido facer nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario