Lista de Blogs do Outes

martes, 9 de marzo de 2010

Paso atrás

3-2 en Coristanco. Un paso atrás que deixa mal sabor de boca posto que se podería traer un resultado mellor. Boa segunda parte dos nosos que mostraron todo o futbol que levan dentro. Un penalti fallado e varias ocasións que non demos empurrado ó fondo das mallas, foron moito lastre.
De novo, poñer un sobresainte á nosa afición que se desprazou en masa a Coristanco.

Por outro lado, os rapaces do equipo Cadete, por non variar, déronnos outra alegría. Venceron ó Mazaricos 2-1 no Municipal do Conchido con goles de David e Nine. Partido ben xogado por parte dos nosos que sempre tiveron o encontro controlado, podendo ser mais abultado o tanteador. O Mazaricos empregouse con moita dureza, resultado da mesma, un expulsado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario