Lista de Blogs do Outes

sábado, 20 de febrero de 2010

Punto Final á tempada dos Xuvenís

DAVID JURADO (Capitán do equipo Cadete)

Hoxe rematou a tempada para os nosos xuvenís que lograron gañar o partido de Copa 0-1 ó Baio e forzar a tanda de penaltis, onde ó final caeron. Balance positivo, ainda que con sabor agridoce de crer que se podía ter feito algo mais.
Por outra banda, o equipo de 3ª autonómica caeu (5-1) fronte a un mais que reforzado Clube do Mar en partido celebrado esta tarde no campo de Paiosaco. Duro correctivo para un equipo que viaxaba con moita ilusión despois da victoria da semana pasada.
MENOS MAL QUE ESTÁN OS CADETES!!!. Esta é a frase que os nosos chavales nos din a miudo, e hoxe, sin duda, certo mais que nunca. Solventaron o seu partido ante o Malpica con un resultado apretado pero xusto (2-1) a prol dos chavales adestrados por Claudino Caamaño, con goles de David e Nine. Seguimos en postos de arriba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario