Lista de Blogs do Outes

jueves, 18 de febrero de 2010

O Outes F.C. ENAMORA!!!

No día dos enamorados, o Outes agasallou unha flor a tódalas "chicas" asistentes ó partido que o enfrontaba ó lider do Campionato. Por si acaso protestaban os "chicos", regalaron para todo o que quixo disfrutalo, dun partido dos que fan época. Un equipo que saía xa con baixas coma a de Peipo na portería, que perdía ós cinco minutos de partido a Dani por lesión (rotura de tabique nasal), e lle expulsan a Saul ós dez minutos, soubo sobrepoñerse a todas estas adversidades e xogou, gañou e enamorou ante un equipo que vai a perder moi poucos partidos esta tempada.

Un partidazo. Destacar a presencia de Flavio (3º porteiro dos Xuvenís) defendendo a portería do primeiro equipo. Non o fixo nada mal, pero que nada mal.



En boca dos compañeiros da web amiga http://www.quepasanacosta.com/ , esta é a crónica do partido:



Outes - Dumbría B (3-0)
OUTES: Italiano, Dani (Mario, min.5 (Jorge, min.80)), Chúa, Primo, Alvaro, Arturo, Martín, Pesco (Bolo, min.70), Saúl, Pitu (Deivi, min.65) e Quin (Mingos, min.83)
DUMBRIA B: Anxo, Darío (Jose Carreira, min.20), Javier, David Carreira, Oca (Tano, min.60), Pablo Conde, Jesús, Fernando, Jopse Manuel, Sergio Cives (Ivanete, min.85) e Pablo Muiño.
Goles: 1-0, min.10: Chúa; 2-0, min.50: Chúa; 3-0, min.69: Deivi.
Expulsión: Saúl (min.15) con cartón vermello directo.Gran partido do Outes que derrotou ao líder xogando case todo o partido con 10 homes pola expulsión de Saúl. Aínda así os xogadores de Manu Roque loitaron moito e foron superiores ante un rival que no dou a súa mellor imaxe da tempada. As xogadas a balón parado foron claves, pois os dous primeiros goles viñeron precedidos de sendas faltas e Chúa de cabeza marca. Os locais pese a xogar cun home menos non se sentiron inferiores e apenas pasaron apauros para defender o marcador. Deivi sentenciou cun golazo de vaselina ao aproveitar unha contra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario