Lista de Blogs do Outes

martes, 8 de diciembre de 2009

3 de 3



Boa fin de semana para os nosos equipos.
Os cadetes comezaron na mañá do sábado impoñéndose ó Ponteceso por un claro 2-0 con goles de Nine e Edu. Bo partido dos de Claudino Caamaño que cada día van a mais. A pesares das numerosas baixas, o adestrador está a sacar partido de tódolos seus recursos para levar adiante unha dificil labor, manter a este equipo entre os mellores da categoría. Actualmente son
segundos.

seguíanlle os xuvenís que derrotaron á Esteirana no primeiro partido da segunda volta por 3-2 no Conchido. O partido puido acabar en goleada a pouco que se materializasen as ocasións, pero a verdade é que o gol non é a nosa mellor virtude. A pesares de todo, bo partido á espera de xogar hoxe martes, o aprazado ante o Corcubión. O Conchido 16:00 h.

O primeiro equipo, con moito traballo, sacou adiante un dificil partido ante un Nantón que tivo ata o final opcións. Partido de ida e volta con ocasións por ambas partes e que decideu un bo gol de Joaquín mediada a segunda parte. A ver si confirmamos a nosa melloría con un par de victorias consecutivas en vindeiros partidos.

Ala Outes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario