Lista de Blogs do Outes

domingo, 22 de noviembre de 2009

OUTES - STA. COMBA (Xuvenís) 2-3


A pesares das seis importantes baixas que rexistraba o noso equipo de Xuvenís, tremendo partidazo o que disputaron ante un equipo, o Sta. Comba, que demostrou o porqué é un serio candidato a gañar esta liga. Un equipazo.
O partido tivo de todo: goles, ocasións por ambos lados, entrega por parte dos xogadores, emoción... e incluso unha expulsión. Pablo Castro foi expulsado con vermella directa nos minutos finales do encontro.
Ó Municipal do Conchido, coma sempre, acudeu unha chea de xente a dar o seu calor e apoio ós nosos chavales. A todos eles, agradecer a súa presencia no campo e o bo comportamento en xeral.
Destacar en xeral a tódolos xogadores sin excepción pola súa entrega e en especial ós dous cadetes Nine (1 gol) e David (varias ocasións e un disparo ó pau), os cales aportaron moito a este equipo no día de hoxe.




1 comentario:

  1. Ben xogado o Outes,ainda ke os do santa comba perdoamos muito.Demostrachedes ke sodes un dos poucos ekipos cos ke se pode xogar ó futbol nesta liga,e creo ke foi un partido moi bonito de ver.Estaba de mais o ke pasou na revolta akela.Tedes sorte de ter a afeccion ke tedes e ke vos siga tanta xente.
    Vemonos a volta e sorte

    ResponderEliminar