Lista de Blogs do Outes

jueves, 10 de diciembre de 2009

Duro correctivo para os xuvenís

Duro correctivo, o que recibiron os nosos chavales este martes. En partido aprazado, o Corcubión dou boa conta dos nosos levándose un claro 1-5, que a pesares do abultado do marcador, non reflicte a realidade do partido. Moito castigo, demasiado. Ocasións claras por ambas partes pero os goles chegaron case todos no cuarto de hora final. O Outes gozou de moitas e moi claras ocasións, pero topouse co gardameta do Corcubión que daba boa conta de cada unha das chegadas. Á contra o equipo visitante sentenciou o partido con moita calidade.

Próximo encontro:
Muros - Outes F.C.
Sábado 12/12 11:30
Campo Municipal de Miraflores
Muros

No hay comentarios:

Publicar un comentario