Lista de Blogs do Outes

sábado, 7 de noviembre de 2009

Cara e cruz para os rapaces

Cara e cruz para as categorías base do Outes F.C.
Por un lado, en partido celebrado no Conchido as 10:30 da mañán, os cadetes colleitaron a primeira derrota da tempada ante un equipo que se supón vai a loitar por estar nos postos de arriba. O Cabana endosounos un 1-3, ainda que ven puido ser un 2-2 ou un 3-3. En xeral os rapaces empezaron un pouco frouxos e foron collendo un pouco de ritmo así como ía avanzando o partido. A ver si en vindeiros partidos hai un pouco mais de sorte.
E por contra, os xuvenís, que xa nos están malacostumbrando coas súas victorias, venceron a un correoso Fisterra por 5-3. O partido tivo un dominador claro, e ese foi o Outes, que sen embargo, se relaxou ó conseguir unha renta ampla no marcador e que aproveitaron os visitantes para acercarse e poñer un punto de suspense no partido. Como ben decimos, ó final 5-3 e os nosos que se colan entre os favoritos ó título desta 1ª provincial.

Resultados dos xuvenís esta xornada:

XORNADA 6

07/11/2008
Outes F.C.5-3
Fisterra
Corcubión7-2
Mazaricos
Santa Comba
2-3
Cee
Dumbría5-1
Monte Louro
Esteirana0-3
Muros
Fonte: www.quepasanacosta.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario