Lista de Blogs do Outes

sábado, 21 de noviembre de 2009

OUTES - BAIO 1-0

Empezamos ben este atípico fin de semana.
Os cadetes tiveron un partido que se saldou con 1-0 pero o resultado real debería ser 2 ou 3 - o. O Baio a penas inquedou á portería do Outes que pola contra tivo varias ocasións nas botas de Jorge e Edu. Foi este último, quen, en unha bonita xogada de contragolpe, lle gañou a espalda á defensa e superou con unha vaselina ó porteiro do Baio.
Bonito partido o disputado hoxe no Municipal do Conchido a pesares de que o tempo non acompañou para nada.
O Baio é un rival directo que vai a loitar por meterse nos postos de arriba, e este resultado confirma ós nosos como un equipo con posiblidades. Ahora a pensar no Mazaricos.

Destacar por outra banda que:
Carlos Nine e David Jurado foron convocados polo adestrador Manu Roque para disputar o partido de Xuvenís que se vai a disputar mañán fronte ó Santa Comba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario