Lista de Blogs do Outes

domingo, 11 de octubre de 2009

Diferente sorte para os equipos Xuvenil e Aficionado

Os xuvenís realizaron un gran partido ante un equipo, o Muros, que demostrou ser un serio aspirante para facerse con esta liga. O partido foi do mais entretido con constantes ocasións por ambas partes e goles do Muros que eran respondidos con sendos goles do Outes.
O Muros demostrou ser un equipo mais formado e con moi bo empaque, pero a melloría dos nosos nestas últimas semanas fannos pensar que podemos facer un papel mais que digno nesta liga. A baixa, todo hai que decilo, de Fabio trastocou un pouco os plans de Roque que a pesares de todo logrou que o equipo funcionara ás mil maravillas.


Por outro lado, os maiores déronnos unha merecida alegría logrando un triunfo no Pino do Val contra un Mazaricos que ainda non acaba de encontrar ese xogo que os leve á senda das victorias. O partido foi bastante trabado e con poucas ocasións de cara ó gol pero cargado de emoción polo axustado do resultado e polo emotivo que para varios xogadores do Outes resultaba volver a xogar na Pedra do Ouro, donde o ano pasado xogaban defendendo as cores do equipo veciño. Son estes os casos de Peipo, Álvaro, Chúa, Rubén, Primo e Martín. O goleador da tarde foi Arturo, que polo seu traballo durante a tarde de hoxe, ben o merecía.

Comentar que os amistosos dos cadetes do Sábado e Domingo saldáronse con sendas derrotas bastante abultadas ante Mazaricos e Bertamiráns. Decir en descarga dos nosos, que o equipo se divideu en dous equipos para afrontar os dous choques. Hai traballo por diante, pero bo material para conseguir sacar adiante este equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario