Lista de Blogs do Outes

domingo, 25 de octubre de 2009

2-0 en Dumbría

Partido floxo o que disputamos hoxe en Dumbría, mais debemos ter en conta que en fronte tiñamos a un dos favoritos para adxudicarse a liga de 3ª.

A primeira parte estivo bastante disputada, cos dous equipos ben plantados no terreo de xogo, mais un despiste defensivo permiteu ó Dumbría adiantarse no marcador gracias ó gol de Yenki.
Xa na segunda metade os locais sairon mais enchufados no partido e en un corner logran o segundo gol. Nos minutos finais os nosos quitáronse de enriba un pouco o dominio o que nos someteu o Dumbría pero non se xeneraron ocasións claras de gol. Pola súa parte, as contras con Pablo e Yenki, traian de cabeza á nosa zaga. Peipo foi fundamental para non encaixar mais goles, con varias paradas dignas de mención.

Unha derrota incontestable, e ata certo punto, lóxica. O Dumbría demostrou o porqué está ahí arriba. É un equipo moi solido atrás, un centro do campo moi traballador e con dous puñales na punta de ataque. Un equipo moi equilibrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario