Lista de Blogs do Outes

domingo, 25 de abril de 2010

0-0 na Ida


o-o en Malpica e as espadas que siguen en todo o alto.
A eliminatoria decidirase o próximo domingo día 2 no Municipal do Conchido.

viernes, 9 de abril de 2010

ÚLTIMO PARTIDO DE LIGA


O equipo de 3ª autonómica xoga este domingo no Municipal do Conchido o último partido de liga desta tempada. O encontro que o enfronta ó Pereiriña, dará comezo ás 17:00 h. Ó remate do mesmo terá lugar unha churrascada de valde para xogadores, directivos e aficionados.


Por outra banda, o sorteo da Copa da Costa, terá lugar este venres 9 en Baio donde sairá o primeiro rival para os nosos.


En futbol 7 tamén temos enfrontamentos esta fin de semana coa disputa dos partidos:

BENXAMÍN Outes F.C. -- C.C. Cee Sábado 17:00 h. Municipal do Conchido

ALEVÍN Outes F.C. -- U.D. Corcubión Sábado 18:00 h. Municipal do Conchido

miércoles, 7 de abril de 2010

lunes, 29 de marzo de 2010

Futbol 7 - Goleadores Cadetes




Tal e como se mostra no chat, os goles dos Cadetes foron conseguidos por:
Edu 3, Jorge 2, Alex Martínez 1, Adrián Gallardo 1, David 1 e Jacobo 1.

Os chavales siguen dando alegrías ó clube. Desta volta tocoulle a un mermado Zas que pouco puido facer ante o equipo de CLAUDINO CAAMAÑO.

FESTIVAL DE GOLES!!!

Novo fin de semana cargado de goles e boas novas para os xiareiros do Outes.
A fin de semana comezaba coa disputa da 2ª xornada da Liga da Costa Sur de Benxamíns e Alevín coa disputa no Municipal do Conchido dos partidos Outes - Dumbría das dúas categorías mencionadas.
Os resultados foron os seguintes:
Outes - Dumbría BENXAMIN 1-5, gol de Roberto Solís
Outes - Dumbría ALEVÍN 6-2, goles de Saúl Suárez (3), Adrián Alvarellos, Fabio Lado e Adán Miranda.
Dous partidos dos que fan afición na tarde do sábado que contou coa presencia de moitos pais dos pequenos e outros amigos do futbol que se pasaron a disfrutar do xogo dos mais pequenos da casa.
Salientar a lesión de Martín Bargo, do equipo Benxamín, quen rompeu o brazo no tempo de quecemento e será baixa por un tempo de un mes. Dende aquí vaia un abrazo e o desexo de pronta recuperación para o noso máximo goleador ata o momento.

Xa na mañán do domingo, os cadetes rendiron visita a Zas donde se deron un festín de goles. Un total de 9 dos cales poñeremos os autores nunha entrada posterior, posto que ahora mismo non dispoñemos dos datos dos mesmos. Partido como reflicte o marcador 0-9, moi facil para os de Claudino Caamaño que dan mostras de estar no mellor momento da tempada. FELICIDADES!!!

Para colofón, na tarde do domingo 28 o equipo de 3ª autonómica gañou a domicilio a todo un Nantón (2-3), que viña de cunha racha positiva de varios partidos. O partido foi vistoso e con abundantes ocasións de gol, que de aprobeitalas, o resultado puido ter sido de escándalo. Por parte do Outes marcaron Deivi, Arturo e Kin. Os goles encaixados foron sendos penaltis ós que Peipo non puido facer nada.

lunes, 22 de marzo de 2010

2 VICTORIAS NESTA FIN DE SEMANA

Á victoria dos cadetes na mañán do Domingo (3-0 o U.C. Cee), sumouselle a do equipo de 3ª Autonómica sobre o Muxía por 3-1.
Domingo primaveral que animou á xente a acudir ó Municipal do Conchido nunha xornada de mañán e tarde con inmellorable resultado: Dúas victorias claras nesta recta final de tempada que afianzan ós dous equipos na parte alta das respectivas clasificacións.

miércoles, 17 de marzo de 2010

4-0 e os que puideron caer!!!

A verdade é que o equipo B do Ponteceso é moi novo. Formado na súa maioría por xuvenís e cadetes, da moitas facilidades ó contrario.
Marcamos 4 e puideron ser bastantes mais. Debutaron outros tres xuvenís (Michi, Darío e Damiñan), que raiaron a gran altura. Michi incluso se permitiu o luxo de marcar o mellor gol da tarde.
Salientar que se gardou un emotivo minuto de silencio pola morte da aboa de Manuel (Peipo), porteiro do primeiro equipo. Vaia dende aquí o noso pésame á familia.

Para o vindeiro fin de semana recibimos ó Muxía no Municipal do Conchido ás 17:30 h.

Por outra banda, o equipo de Cadetes perdeu en Ponteceso por un abultado 4-1.
Un equipo de Cadetes que viaxaba coas importantes baixas de Jorge, David, Abraham e Jacobo; encontrábase de golpe coa lesión de Chía ó pouco de comezar o encontro. Esto non foi impedimento para lograr adiantarse no marcador. Na segunda metade, o Ponteceso apretou moito e logrou darlle a volta ó marcador, primeiro e golear mais tarde.