Acércase o día "D". Este domingo, as 17:00 h. vamos a debutar en partido oficial logo de sete anos de ausencia. O rival, o Corcubión. Un equipo de "campanillas" non vai a ser un mero invitado á festa. É un dos serios aspirantes ó ascenso e polo tanto un duro rival.
Aprobeitaremos o descanso deste partido para facer unha pequena homenaxe á xente que federou o Clube alá polos principios dos 70 e a tódolos ex-presidentes que en representación das súas respectivas directivas, tanto fixeron polo clube.
Animámosvos a acudir ó Municipal do Conchido e dar o apoio que o equipo necesita e o recoñecemento público ás persoas que fixeron que o Outes teña, a pesares da inactividade de sete anos, un recoñecido nome no futbol da Costa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario