Lista de Blogs do Outes

jueves, 10 de diciembre de 2009

Duro correctivo para os xuvenís

Duro correctivo, o que recibiron os nosos chavales este martes. En partido aprazado, o Corcubión dou boa conta dos nosos levándose un claro 1-5, que a pesares do abultado do marcador, non reflicte a realidade do partido. Moito castigo, demasiado. Ocasións claras por ambas partes pero os goles chegaron case todos no cuarto de hora final. O Outes gozou de moitas e moi claras ocasións, pero topouse co gardameta do Corcubión que daba boa conta de cada unha das chegadas. Á contra o equipo visitante sentenciou o partido con moita calidade.

Próximo encontro:
Muros - Outes F.C.
Sábado 12/12 11:30
Campo Municipal de Miraflores
Muros

martes, 8 de diciembre de 2009

Última hora


A falta de árbitro retrasa o partido de xuvenís que se tiña que disputar hoxe as 16:00 h.
O partido terá lugar as 17:30 da tarde si o sr. colexiado chega a tempo (confiamos en que si).
Si estás pasmando diante da pantalla e non tes mais que facer, acércate ó Municipal do Conchido, ainda estás a tempo. Ven e anima ó teu equipo.

Esta será a encargada de dirixir o partido. O único de malo é a coincidencia de cores co Outes.

3 de 3



Boa fin de semana para os nosos equipos.
Os cadetes comezaron na mañá do sábado impoñéndose ó Ponteceso por un claro 2-0 con goles de Nine e Edu. Bo partido dos de Claudino Caamaño que cada día van a mais. A pesares das numerosas baixas, o adestrador está a sacar partido de tódolos seus recursos para levar adiante unha dificil labor, manter a este equipo entre os mellores da categoría. Actualmente son
segundos.

seguíanlle os xuvenís que derrotaron á Esteirana no primeiro partido da segunda volta por 3-2 no Conchido. O partido puido acabar en goleada a pouco que se materializasen as ocasións, pero a verdade é que o gol non é a nosa mellor virtude. A pesares de todo, bo partido á espera de xogar hoxe martes, o aprazado ante o Corcubión. O Conchido 16:00 h.

O primeiro equipo, con moito traballo, sacou adiante un dificil partido ante un Nantón que tivo ata o final opcións. Partido de ida e volta con ocasións por ambas partes e que decideu un bo gol de Joaquín mediada a segunda parte. A ver si confirmamos a nosa melloría con un par de victorias consecutivas en vindeiros partidos.

Ala Outes!!!

domingo, 22 de noviembre de 2009

OUTES - STA. COMBA (Xuvenís) 2-3


A pesares das seis importantes baixas que rexistraba o noso equipo de Xuvenís, tremendo partidazo o que disputaron ante un equipo, o Sta. Comba, que demostrou o porqué é un serio candidato a gañar esta liga. Un equipazo.
O partido tivo de todo: goles, ocasións por ambos lados, entrega por parte dos xogadores, emoción... e incluso unha expulsión. Pablo Castro foi expulsado con vermella directa nos minutos finales do encontro.
Ó Municipal do Conchido, coma sempre, acudeu unha chea de xente a dar o seu calor e apoio ós nosos chavales. A todos eles, agradecer a súa presencia no campo e o bo comportamento en xeral.
Destacar en xeral a tódolos xogadores sin excepción pola súa entrega e en especial ós dous cadetes Nine (1 gol) e David (varias ocasións e un disparo ó pau), os cales aportaron moito a este equipo no día de hoxe.




sábado, 21 de noviembre de 2009

PONTECESO - OUTES 0-2


Bo sábado este, para os nosos equipos. Acaba de finalizar o partido no Municipal de Ponteceso co resultado de 0-2. Os goles foron obra de Saul e Peipo.
As ocasións sucedéronse pero os goles non entraban e o final un 0-2 que significan 3 puntos e volver á dinámica da victoria á espera do trascendental partido da semana que ven en Muxía.
Mañán partido no Municipal do Conchido que enfrenta ós xuvenís do Outes e o Santa Comba.
O Outes afronta o partido con seis baixas fundamentais no equipo como son Fabio, Michi, Sergio, Barral, Darío e Pancho e as incorporacións dos cadetes Carlos Nine e David Jurado que farán así o seu debut cos Xuvenís.
Animar á MAREONA do Outes a "torcer" cos xuvenís neste encontro de vital importancia.


O noso porteiro foi o protagonista do partido. Xogou adiante e aproveitou os minutos dos que dispuso para marcar un goliño. Ti si que vales, PEIPO!!!

OUTES - BAIO 1-0

Empezamos ben este atípico fin de semana.
Os cadetes tiveron un partido que se saldou con 1-0 pero o resultado real debería ser 2 ou 3 - o. O Baio a penas inquedou á portería do Outes que pola contra tivo varias ocasións nas botas de Jorge e Edu. Foi este último, quen, en unha bonita xogada de contragolpe, lle gañou a espalda á defensa e superou con unha vaselina ó porteiro do Baio.
Bonito partido o disputado hoxe no Municipal do Conchido a pesares de que o tempo non acompañou para nada.
O Baio é un rival directo que vai a loitar por meterse nos postos de arriba, e este resultado confirma ós nosos como un equipo con posiblidades. Ahora a pensar no Mazaricos.

Destacar por outra banda que:
Carlos Nine e David Jurado foron convocados polo adestrador Manu Roque para disputar o partido de Xuvenís que se vai a disputar mañán fronte ó Santa Comba.

viernes, 20 de noviembre de 2009

CAMBIO DE DATAS

Por varias circunstancias, os partidos desta semana cambia o día e a hora quedando da seguinte forma:


Sábado 21/11
Cadetes
10:30 Outes F.C. - Baio

Maiores
16:30 Ponteceso - Outes F.C.


Domingo 22/11
Xuvenís
17:00 Outes F.C. - Santa Comba

Queremos dende aquí animar a afición a que veña a ver os partidos de cadetes e xuvenís que están a facer unha tempada fantástica.
Resaltar a vital importancia do partido de xuvenís deste domingo que nos enfronta a un rival directo polo título como é o Santa Comba.
AGARDÁMOSVOS!!!