Lista de Blogs do Outes

domingo, 6 de septiembre de 2009

PRIMEIRO PUNTO DA TEMPADA















Un puntiño, para empezar contra un Corcubión, que demostrou ser un equipo con aspiracións nesta liga. A pesares de xogar bastantes minutos en inferioridade numérica, non perderon o saber estar no campo e conseguiron salvar un punto.
Os nosos chavales puxeron empeño e por momentos, futbol bonito, pero non se conseguiu a ansiada victoria. Pero pensando que empezamos a segunda parte con un marcador adverso de 1-3, debemos sentirnos orgullosos da remontada conseguida.















O partido dou un xiro de 90º cando Deivi, no minuto 2 da segunda parte forzou un penalty que el mismo transformoou e levou ó porteiro visitante ós vestiarios pola vía rápida. Nada mais sacar de centro unha galopada dos nosos acabou con Pesco marcando o gol do empate. Pesco, con 2 goles foi un dos mais destacados do partido, contribuindo, a parte dos goles, con xogadas que puxeron en pe ó abundante público que se dou cita no Municipal do Conchido.

1 comentario: