Lista de Blogs do Outes

martes, 15 de septiembre de 2009

Crónica Alcaián - Outes

Foi o partido que a priori se supoñía. Un campo en moi mal estado: duro, cheo de cobos, pequeno... O Outes fixo o que puido e mereceu como mínimo un empate. Sin embargo a actuación do árbitro condicionou o resultado, cando con un 1-1 no marcador, anula un gol totalmente legal ós nosos. Pero bueno, que erros arbitrais, o largo da tempada, vai haber moitos. Non vamos poñer excusas.















O partido comezou con bastante ritmo e os nosos chegaban con perigo con varios disparos de Saúl e con un incisivo Pitu na banda esquerda. En defensa non había demasiado traballo e o pouco que había solventouse sin problemas. O pouco de comezar a segunda parte chegou o gol de Martín que revolucionou o encontro. No mesmo saque de medio, e como xa pasou contra o Corcubión, o Alcaián creou perigo e a xogada remata con unha falta ó borde da área que convirten en gol. Logo de uns minutos de xogadas sen perigo para un e outro bando, chegou o gol anulado, e minutos mais tarde o gol do Alcaián nunha contra na que cando menos, a posición do atacante local sería dubidosa. De ahí ata o final, o Outes volcado en conseguir o empate e o Alcaián creando perigo nas súas contras. 2-1 final non reflicte o visto no campo de Portorrubio, pero é o que conta na tabla de clasificación. Martín foi o mais destacado por parte do noso equipo

No hay comentarios:

Publicar un comentario